miércoles, 6 de febrero de 2013

Seleción de disfraces para Entroido

Nós tamén queremos facer a nosa propia seleción de disfraces para este entroido. Podedes atopar todos estes disfraces ou os seus complementos na nosa tenda!



Se sodes dramáticos e literarios: A Letra Escarlata. Podedes por esta cara sen motivo cada certo rato.


Se ides saír dous homes sós a pretendedes ligar, seguro que triunfades indo de Frasier e Nails.


E do mesmo xeito, se ides dúas mulleres soas a cazar, Thelma e Louise sempre son unha boa opción, ademáis dun disfraz moi sinxelo.


Se non te pensas mover do sitio en toda a noite, esta idea de Amanece que no es poco seguro que che gusta!


Para os máis superalternativos pero vagos, un disfraz fácil: Cabezaborradora.


E para os que lles gusta o rollo revival sempre son unha inspiración as series de cando éramos pequenos, coma os Supeeeersónicos! Ou calquer personaxe dos Autos Locos coma Penélope Glamour <3



Un disfraz moi guay!! Miss Argentina de Bitelchús!!


E un clásico: monxa, pero non unha monxa calquera senón VIRIDIANA 


E cómo non, a punto de estrearse a nova tempada o vindeiro mes! De Juego de Tronos, pero iso sí, de mala malísima: Cersei Lannister! Aínda que na tenda para este traxe sólo íades atopar os complementos.


Ou se non sodes moi altos, do seu irmán...


E se ides en parella tendes O Planeta dos Simios, podesdes elexir a opción sinxela (taparrabos e escopeta ao ombro) ou a opción elaborada, ca súa máscara e túnica.


E o mellor disfraz de todos: De Carmiña Maniquí!!